Dámosche a benvida a Torres do Allo, o primeiro pazo galego da historia. Descubre a Casa señorial dos Riobóo, que comeza 500 anos atrás coas Revoltas Irmandiñas e remata nos nosos días, con conexións co Hospital Real de Santiago, os Reis Católicos e Charles Darwin. Un edificio monumental situado no Concello de Zas, na provincia de A Coruña, cun entorno natural idílico e perfectamente conservado. Hórreos, soutos, fontes, igrexa, carballeiras, xardíns, gárgolas, pombais… Unha paisaxe etnográfica para o desfrute dos sentidos. Hai moito que ver no Pazo de Torres do Allo. Dá unha volta pola web e organiza a túa visita!

Cartafol Escolar.

O Contorno.

Torres do Allo está formado tamén polos camiños, carballeiras, fontes, cabazos, pombal, soutos, capela, palco da música, e demais elementos que constitúen un conxunto etnográfico moi ben conservado.

O Xardín.

Na parte traseira do Pazo do Allo atópanse os restos dun xardín barroco do século XVIII. O gran protagonista é o xigantesco abeto de Vancouver de 20 metros de alto. Un lugar para realizar actividades didácticas ao aire libre.

O Pazo.

Unha verdadeira xoia arquitectónica. comezouse a construír no século XV e foi o modelo para os demais pazos galegos. De estilo barroco e renacentista, é o sucesor civil dos castelos medievais do Reino de Galicia.

A Exposición.

Os contidos do museo das Torres do Allo fan unha radiografía da Galicia rural dos últimos séculos. Os oficios, as vestimentas, as relacións de poder, os costumes, detalles artísticos do pazo, o día a día de labreg@s e fidalg@s.

Idiomas

GAL | CAST | EN

Séguenos

Novas

Volve o día do planeta ás Torres do Allo

Volve o día do planeta ás Torres do Allo

O 21 de Abril ás 16:00h as Torres do Allo celebra o día do Planeta cunha serie de sinxelas manualid[...]
Horairo Especial Semana Santa 2024

Horairo Especial Semana Santa 2024

Achégase a Semana Santa e o pazo ampliará os seus horarios abrindo de maneira continuada entre os dí[...]