O Magosto das Torres do Allo cambia de data por mor da previsión meteorolóxica. As actividades que tiñamos anunciadas para esta fin de semana veñen de ser adiadas ao día 30 de Novembro.

Pero non vos preocupedes, toda espera ten a súa recompensa! A foliada está garantida coa participación da Asociación Cultural Adro, a Asociación de Baile Tradicional Churía e a Asociación Cultural Trubisquiña e gardaremos as mellores castañas para o noso tradicional Magosto, que dará comezo ás 18:30 da tarde.

E ademais, a cativada desfrutará pola maña, ás 12 h., dun Obradoiro Infantil de Outono, no que aprenderán a facer diversas manualidades e decoracións cos froitos da tempada. O obradoiro é de balde, baixo inscrición previa nos centros socioculturais de Baio (981 718 056) e Zas (981 751 398) ou ben no enderezo electrónico info@torresdoallo.gal.

ADIADO O MAGOSTO DAS TORRES DO ALLO