O sábado 23 de abril realizarase un taller para os nenos e nenas de entre 4 e
12 anos para celebrar o Día do Planeta. Neste obradoiro recordaremos aos
participantes o importante que é manter limpa a natureza e respetar a fauna e a
flora. Realizarase unha manualidade na que consistirá en construir un pequeno
comedeiro para paxaros, con materiais ecolóxicos, no que poderán levar á
casa e colgalo na ventá ou no xardín.
Para participar será preciso inscribirse previamente nos centros Centros
Sociocultural de Zas ou Baio (981 751 398 / 981 718 056) ou no mesmo correo
das Torres info@torresdoallo.gal . As prazas serán limitadas.
Día do Planeta nas Torres do Allo 2022