O sábado 26 de outubro o pazo máis antigo de Galicia prepárase para celebrardúas das festas máis tradicionais do outono, o magosto e o samaín conactividades organizadas polo Concello de Zas coa colaboración da Deputaciónda Coruña.Comezarase ás 16:30h da tarde cun obradoiro para os nenos e nenas de 4 a10 anos no que poderán crear pantasmas e monstruos para decorar as súascasas. Para participar será preciso inscribirse previamente nos CentrosSocioculturais de Zas ou Baio (981 751 398 / 981 718 056) ou no mesmocorreo das Torresdo Allo (info@torresdoallo.gal). As prazas serán limitadas.

A partir das 18:00h haberá “Contos de Animalario” de Vero Rilo, unha viaxepolos montes, prados e camiños máis verdes que podamos ver, unha chea deencontros cos animais máis marabillosos: topos choscos, chibos enormes eogros torpes, pombas doces edragones atroces, bichos estraños, cabalos azuise contos de hai anos e de non fai tantos.Tamén celebrarase o tradicional magosto do Allo, acompañado de música acargo da Asociación Cultural Adro e a Asociación de Baile Tradicional Churía. Haberá tamén unha cantina a favor do alumnado de 4º da ESO do IESMaximino Romero ademáis de castañas gratuítas para todas as persoas quese queiran achegar ata as Torres do Allo.

Todas as actividades son de balde e están orientadas para todos os públicos.

 

Magosto e Samaín nas Torres do Allo