As Torres do Allo presentan a súa nova programación para 2026, un calendario cheo de propostas culturais e de lecer para todos os públicos. A programación foi presentada este sábado nas propias Torres polo alcalde de Zas, Manuel Muíño.

Entre as novidades deste ano destacan  sesións de maxia, obradoiros renovados,  campamento de verán, actuacións musicais como a de Boroa e a nova exposición temporal “Zas en Romaría”. Ademais, o pazo incorporará tamén un novo escape room que permitirá ás persoas visitantes descubrir o patrimonio dun xeito diferente e participativo.

O programa recupera tamén algunhas das actividades máis populares do calendario cultural das Torres do Allo. Volverán as visitas teatralizadas da man de Os Quinquilláns, así como celebracións tan esperadas como o Magosto ou a tradicional Feira de San Ramón.

A música tamén terá un papel protagonista. A sesión vermú contará coa animación da Charanga Benofan e pola tarde o público poderá gozar da actuación de Brais das Hortas.

En definitiva, un ano cheo de actividades e experiencias culturais que converterán 2026 nunha nova oportunidade para achegarse ás Torres do Allo e á súa programación.

 

Nova programación nas Torres do Allo para 2026