Un ano de actividades para toda a familia
As Torres do Allo prepáranse para un ano 2025 cargado de actividades culturais para todos os públicos. O pazo máis antigo de Galicia converterase nun epicentro cultural da Costa da Morte grazas a unha programación diversa e de calidade, presentada polo alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín.
O Concello de Zas, co apoio da Deputación da Coruña, destinará máis de 25.000 euros ao financiamento de actividades culturais e didácticas nas Torres do Allo, consolidando o seu compromiso con este monumento histórico.
A programación de 2025 comezará coa Semana Santa, na que o pazo ampliará o seu horario de apertura e ofrecerá visitas guiadas e un xogo de pistas para os máis pequenos. Ao longo do ano, os visitantes poderán gozar de:
Semana Santa (12-20 de abril):
- Horario continuado de 11:00 a 20:00 horas.
- Visitas guiadas diarias ás 13:00 e 17:00 horas.
- Xogo de Pistas “O legado de Francisca, unha viaxe polo pazo”.
Xornada de Xogo Tradicional (31 de maio): Pola mañá, nos exteriores do pazo.
Exposición temporal “Riobóo, a saga do Allo” (inauguración en xuño)
Obradoiros temáticos:
- Día da Terra (19 de abril).
- Día das Letras Galegas (17 de maio).
- Obradoiro de San Xoán (22 de xuño).
- Obradoiros de nadal (20 e 21 de decembro).
Campamento “Zas no verán 2025” (xullo e agosto): Polas mañás durante o verán.
Música nas Torres (5 de xullo): Actuacións dos Monifates.
Visitas teatralizadas (domingos de xullo e agosto): Actuacións dos Quinquilláns.
Escape Room do Allo (xullo, agosto e setembro)
Romaría de San Ramón (31 de agosto):
- Mercado de Artesanía Tradicional pola mañá.
- Actuación de Unto Vello na sesión vermú.
- Comida campestre.
- Concerto e obradoiro sonoro de Cé Orquestra Pantasma pola tarde.
Xornada sobre o Liño (setembro): Data por confirmar.
Samaín no Allo (26 de outubro):
- Obradoiro para nenos e nenas.
- Magosto.
- Música tradicional.
- Contos con Ángeles Goás: “Caldo con unto e osos de defunto”.