Este domingo 11 de setembro realizarase doble actuación no pazo das Torres do Allo.

Ás 19:30 horas teremos visita teatralizada dos Quinquilláns, que representarán a Francisca Riobóo e a Víctor López Seoane, compartindo cos labregos e labregas a historia do pazo, os costumes e tradicións labregas mais tamén as preocupacións do seu tempo como a emigración , a ciencia ou a decadencia da fidalguía.

E ás 21:00 horas haberá unha sesión de contos nas Torres con Quico Cadaval, onde nos deleitará co seu espectáculo “Fantasmas Familiares”. Un espectáculo de narración oral que se leva transformando nos últimos quince anos acomodándose ás circustancias ambientais, inclemencias do clima, ás experiencias persoais do artista e aos terrores máis íntimos do público.

As entradas de ambas actividades son de balde e para o público xeral. No caso de choiva as actuacións realizaranse no interior do pazo.

Doble actuación o 11 de setembro no pazo das Torres do Allo