Sorry, this entry is only available in galego and Español. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

As Torres do Allo é un lugar idóneo para realizar unha visita escolar nun entorno natural, auténtico e estimulante. A través das visitas didácticas, adaptadas a cada ciclo educativo, o alumnado descubrirá os valores artísticos, históricos, medioambientais, científicos e etnográficos que atesoura o Pazo do Allo e tódolos elementos que compoñen o ben.

Que se pode visitar?

 

 

 DESCARGAR AQUÍ o cartafol escolar das Torres do Allo e programa a vosa visita!

Que se pode facer?

As visitas educativas ás Torres do Allo complétanse cunha variada oferta de obradoiros didácticos adaptados a cada ciclo escolar.

Para Infantil: Investigando con Víctor López
Seoane

Aprenderán como foi o traballo de Víctor López Seoane e a súa historia, ademáis de realizaren un caderno de flora e fauna.

Para Primaria:A túa torre defensiva

Terán queconstruir a súa propia torre tras unha pequena sesión de historia.

Para Secundaria: Obradoiro de Heráldica.

Logo de aprender que é un escudo de armas, cal era a súa utilidade e cales eran os principais emblemas de Galicia e da comarca, deseñarán o seu propio escudo heráldico.

Para Primaria e Secundaria: Gymkana do Allo.

Para coñecer todo o conxunto das Torres do Allo dunha maneira divertida e participativa terán que realizar nun tempo determinado un xogo de pistas e probas por equipos.

Tanto as visitas didácticas coma os obradoiros das Torres do Allo son de balde.

O día adicado aos centros educativos son os venres durante o curso escolar.

Contacta con nós a través do noso mail info@torresdoallo.gal ou teléfono 655 71 67 43 (en horario de apertura do museo).