Sorry, this entry is only available in galego and Español. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

Este xoves 17 de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Pazo do Allo permanecerá aberto ao público de 11:00 a 19:00 horas con visitas guiadas á 13:00 e ás 17:00 onde coñecer a historia de Vítor López-Seoane, morador do pazo, e importante galeguista que formou parte das reunións da Cova Céltica, xunto a Pondal, Murguía e Casanova, entres outrxs. Este grupo sería o impulsor da creación da Real Academia Galega.

Ademais, esta semana, o monumento máis visitado do Concello de Zas, recibirá a visita dos clubs de lectura do I.E.S. Fin do Camiño de Fisterra, o I.E.S. Agra de Raíces de Cee, e do I.E.S. Maximino Romero de Lema de Baio. Este último tamén visitará as Torres o vindeiro mércores cun grupo de 1º e 2º da ESO. Como parte do programa didáctico das Torres do Allo, que deu comezo a principios de mes, estudantes de toda a comarca achéganse ao pazo para coñecer a súa historia a través das visitas didácticas e gozar dun contorno bucólico participando nas actividades especiais deseñadas para eles.

As Torres abren o Día das Letras Galegas.