Sorry, this entry is only available in galego and Español. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

As Torres do Allo continúa batendo récords de público mes a mes. En maio foron máis de 700 as persoas que visitaron o monumento e realizaron algunha das súas actividades especiais. Isto supón un incremento de máis do 70% con respecto do mes de maio do ano anterior.

En total son 2.126 as persoas visitantes dende comezos de ano ata este 1 de xuño. Un incremento certamente espectacular respecto do 2017 no que se rexistrou un acumulado de 1.637 persoas; e aínda máis con respecto do 2016, no que o acumulado era de 765 persoas. Polo tanto falamos dun incremento acumulado do 30% e do 177% respectivamente.

A estes datos contribúe significativamente o comezo das actividades didácticas dirixidas á comunidade escolar dentro do programa educativo das Torres do Allo. Foron máis de douscentos alumnxs de diversas idades xs que recalaron no Allo para facer a visita guiada didáctica e algún dos seus obradoiros, notablemente a Xincana do Allo, un xogo de probas a través do cal coñecen a historia do pazo e da súa contorna.

Reservade xa o voso día para visitar as Torres do Allo e facer calquera dos obradoiros adaptados a diferentes idades e ciclos formativos. Podes chamarnos ao 655 71 67 43 en horario de apertura, ou escribirnos un correo a info@torresdoallo.gal.

2.000 visitantes dende comezos de ano.