Sorry, this entry is only available in galego and Español. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

As torres do Allo voltan a ser este verán escenario da segunda edición da “Escape Room” que tanto éxito acadou na temporada pasada. Trátase dun xogo de escapismo para realizar en grupos e baixo reserva no que os participantes terán que atopar o xeito de escapar do pazo nun tempo límite. A proposta, con temática totalmente renovada, está especialmente dirixida a aquelas persoas máis aventureiras que queiran coñecer o pazo e o seu entorno nun ambiente divertido e gozar dunha experiencia activa, esixente e lúdica.

A través dunha historia ficticia ambientada no pazo como marco da acción, os equipos terán que resolver probas, abrir cadeados e descifrar códigos para poder escapar do pazo nun tempo limitado. A actividade é de balde, para grupos entre 2 e 10 persoas e terá lugar do 30 de xullo ata o 15 de setembro. O horario establecido é de martes a sábado ás 16 h., baixo reserva previa no enderezo electrónico info@torresdoallo.gal.

Ademáis, as torres do Allo continúan co desenvolvemento da súas actividades habituais do verán: visitas teatralizadas dos Quinquilláns todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30 h., visitas guiadas ás torres todos os días ás 13 h. e ás 17:30 h., o xogo de pistas en familia todos os días no horario de apertura do pazo e o III Concurso de Fotografía Móbil “Enfoques do Allo”. Todo isto e moitas cousas máis agárdante nas torres do Allo no verán 2019!

Comeza a segunda edición do xogo de escapismo do primeiro “Pazo Escape” do mundo
Tagged on: