Sorry, this entry is only available in galego and Español. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

Concerto organizado polo Concello de Zas, en colaboración coa Deputación da Coruña, para asistir é preciso inscribirse previamente en info@torresdoallo.gal

O Concello de Zas xunto coa Deputación da Coruña continúan coa oferta cultural de verán en Torres do Allo. Neste caso o concerto de Nastasia Zúrcher, o 30 de xullo ás 19:00.

Xira Íntima”, título do espectáculo que leva á cantante galego-suíza, galardoada cun premio Martín Códax da Música na categoría de “Blues, Funk, Soul” no 2016 e finalista no 2018 na categoría World Music”, a percorrer Galiza este verán, recala no xardín de Torres do Allo.

A entrada é de balde e o aforo limitado polo que é imprescindible a inscrición previa no enderezo electrónico: info@torresdoallo.gal

Todas as persoas que asistan como público poderán traer a súa propia manta ou toalla aínda que tamén haberá cadeiras á súa disposición.

A apertura de portas a partires das 17:00.

Cumprirase a normativa sanitaria vixente.

Nastasia Zürcher traenos a súa “Xira Íntima” a Torres do Allo