Sorry, this entry is only available in galego and Español. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

O concurso fotográfico “Enfoques do Allo” concluíuse o día 30 de Outubro de 2021 ás 17:30 nas Torres do Allo, coa entrega de premios promovida pola Concellaría de Cultura do Concello de Zas ás autoras das fotos gañadoras.

O xurado, composto por Fidel Otero, Alberto Villar, Xurxo Sánchez, Tania Carreira e Juan Fuentes seleccionaron as finalistas que foron sometidas a unha votación popular nas redes sociais de Torres do Allo, no Facebook e no Instagram.

Como resultado desa votación popular a fotografía gañadora pertence a María de los Reyes Mora con 265 votos, levando o primeiro premio, 100€. O segundo premio con 75€, foi acadado por Valvanuz Coterillo Frías con 87 votos. Na terceira posición con 46 votos, a fotografía de Goretti Fuentes Montero quen gaña 50€ ademáis do 4ºpremio coa súa segunda foto gañadora con 42 votos. O quinto premio foille otorgado a Clara Sánchez Garrachón con 19 votos.

Nesta V edición do concurso contamos con cinco premios, os tres primeiros en metálico que entrega o Concello de Zas, a cuarta e quinta posición levan a súa recompensa, xentileza do Fotógrafo Juan Fuentes, con dous vales para a impresións de 30 e 15 fotos, respectivamente.

A Concelleira de Educación Pilar García García, fixo entrega dos mencionados premios

De esquerda a dereita: Juan Fuentes, Valvanuz Coterillo, Pilar García, Goretti Fuentes, Fidel Otero e Alberto Villar
Entrega dos premios da V Edición de Enfoques do Allo