Sorry, this entry is only available in galego and Español. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

Como cada verán o Concello de Zas e a Deputación da Coruña amplían o horario de
atención ao público en Torres do Allo. Esta ampliación supón un importante
incremento no seu horario de apertura; así, a partires do 15 do presente mes ata o 15
de setembro, o pazo máis antigo de Galiza abrirá todos os días da semana, isto é, de
luns a domingo, en dous horarios:

-De luns a venres, 11:00-20:00
-Sábados e domingos, 11:00 a 21:00

Mantense o horario das visitas guiadas, que agora fanse tódolos días, ás 13:00 e ás
17:00.

Recoméndase facer reserva previa no seguinte enderezo electrónico
info@torresdoallo.gal ou chamándo ao seguinte número de teléfono 655 716 743.
Para grupos organizados a reserva é obrigatoria.
Lembramos que a entrada e as actividades son de balde e están orientadas a todos os
públicos.

Achégase o verán ás Torres do Allo 2023