Sorry, this entry is only available in galego and Español. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

O venres 23 de xuño, as Torres do Allo realizará un obradoiro de San Xoán para todos os rapaces e rapazas de entre 4 e 12 anos e é de balde, no que poderán recrear a súa fogueira nunha sesión de manualidades con arxila e levalo como agasallo. 

Haberá unha única quenda ás 16:00 e durará aproximádamente unha hora.

O aforo é limitado polo que para participar é imprescindible inscrición previa nas
seguintes instalacións municipais:

  • Centro Sociocultural de Zas, 981 751 398
  • Centro Sociocultural de Baio, 981 718 056

Tamén poderase realizar a inscrición no enderezo electrónico: info@torresdoallo.gal

 

Obradoiro de San Xoán 2023 nas Torres do Allo