O vindeiro 16 de maio, as Torres do Allo acollerán un divertido obradoiro creativo dirixido a nenos e nenas de 5 a 10 anos.
Trátase dunha actividade gratuíta na que os participantes poderán deixar voar a súa imaxinación creando e personalizando o seu propio marca páxinas con diferentes materiais e decoracións.
Unha proposta perfecta para gozar dunha xornada diferente, fomentar a creatividade e achegarse ao patrimonio dun xeito divertido.
Actividade gratuíta
Data: 16 de maio
Idades: de 5 a 10 anos
Lugar: Torres do Allo
Aínda que todas as actividades son de balde, as prazas son limitadas. As persoas interesadas deberán inscribirse previamente facilitando os datos do participante (nome, idade e contacto)a través das seguintes vías:
• Centros Socioculturais: Zas (981 751 398) ou Baio (981 718 056).
• Correo electrónico: info@torresdoallo.gal.
Ademais do obradoiro, os visitantes poderán gozar de toda a oferta cultural do pazo, que semantén totalmente gratuíta:
• Exposición Temporal“Os Riobóo, a saga do Allo” (Historia do pazo desde o s. XV).
• Visitas Guiadas: Pases ás 13:00h e ás 17:00h.
• Xogo de Pistas“O legado de Francisca”, pensado para o público familiar.
