Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en galego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

O pasado mes de febreiro, as Torres do Allo recibiron a visita de 204 persoas, 89 máis que no mesmo mes do 2018, converténdose así no mellor febreiro de toda a serie histórica do pazo con moita diferenza. Cabe destacar que a procedencia das visitantes do propio concello de Zas foi escasa, cun 10% do total; o que indica que o monumento está entrando nunha fase de desestacionalización do público visitante. Un 33,8% achegouse dende todas partes de Galicia; un 44,5% residía da Costa da Morte; un 7,3% correspondeuse co público chegado do resto do Estado; e un 2,5% viñeron visitar as Torres do Allo dende outros países de Europa e do Mundo.

Un 34,8% de persoas que visitaron o pazo e a súa contorna fixérono en familia; mentres que as parellas que decidiron percorrer as Torres do Allo supuxeron 21,2% do total. Os grupos informais constituíron tamén unha parte importante das visitas cun 16% e as persoas que o fixeron de maneira individual alcanzaron o 27%.

A estes datos contribúe tamén o programa didáctico para centros escolares que se leva a cabo dende as Torres do Allo, con tódalas actividades e visitas guiadas completamete de balde. Este mes visitou o pazo o IES Ramón Caamaño, ao que se lle realizou unha visita guiada específica para a idade do alumnado e o obradoiro de heráldica «Escudo de Familia», onda aprenderon as regras básicas da simboloxía da nobreza e elaboraron o seu propio modelo.

Medran un 77% as visitas en febreiro