As Torres do Allo acollen este sábado 11 de xullo, ás 19:00 horas, unha cita imprescindible para as persoas amantes da música de cámara. O prestixioso Aida Piano Trío, unha das formacións emerxentes máis destacadas do panorama europeo, ofrecerá un concerto gratuíto nun escenario patrimonial único.

Integrado por Esther Zaglia (violín), Clélia Le Bret (cello) e Sofía Medina (piano), o trío formouse no Royal College of Music de Londres e continuou a súa especialización na Stauffer Academy de Cremona. A súa brillante traxectoria levounas a obter en 2025 o Primeiro Premio no Concurso Internacional de Música de Cámara “Arnuero”, ademais de participar en destacados festivais e ciclos de concertos no Reino Unido, Italia e España.

Para esta ocasión, Aida Piano Trío preparou un repertorio que percorre diferentes estilos e épocas, creando un diálogo excepcional entre a música e a arquitectura das Torres do Allo. Unha oportunidade única para gozar dunha experiencia artística de gran nivel nun dos monumentos máis emblemáticos da Costa da Morte.

Información do concerto

  • Data: Sábado, 11 de xullo de 2026
  • Hora: 19:00 horas
  • Lugar: Torres do Allo (Zas, A Coruña)
  • Entrada: Gratuíta.

O concerto forma parte da programación cultural de verán impulsada polo Concello de Zas, coa colaboración da Deputación da Coruña, para achegar propostas artísticas de máxima calidade a toda a cidadanía.

 

Espazo de cámara nas Torres do Allo