Sorry, this entry is only available in galego and Español. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

O día 1 de Marzo o pazo máis antigo de Galicia celebrará o Entroido cun divertido obradoiro de balde para nenas e nenos, que estará organizado polo Concello de Zas coa colaboración da Deputación da Coruña.

Esta actividade terá lugar no interior do pazo ás 16:00h da tarde e nela poderán participar nenos e nenas de 4 a 10 anos, elaborando a súa propia gárgola con materiais sinxelos como cartolina para a estrutura da cara, vasos reciclables para os fociños, e papel celofán para detalles como lume ou a auga.
Os participantes crearán seres fantásticos inspirados nos que decoran a fachada do pazo e dan a benvida aos visitantes e poderán empregalos para gastar bromas na festividade do Entroido. 

Ademais do obradoiro estarán dispoñibles as exposicións “As Torres tal como eran” e “Zas na ollada dos Vidal” onde se poderán rememorar os tempos das Torres do Allo antes da restauración e de Zas na década de 1910 ata a década de 1980. Tamén están dispoñibles as visitas guiadas ás 13:00h e ás 17:00h e  un xogo de pistas para os máis pequenos e pequenas.

Todas as actividades son gratuítas e para participar no obradoiro será preciso inscribirse previamente nos Centros Socioculturais de Zas ou Baio (981 751398 / 981 718 056) ou no mesmo correo das Torresdo Allo (info@torresdoallo.gal). As prazas son limitadas

Máis información: Torres do Allo, 655 71 67 43

 

O Rexurdimento das gárgolas en Entroido no Allo