Sorry, this entry is only available in galego and Español. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

Un ano de actividades para toda a familia

Cartel actividades 2025As Torres do Allo prepáranse para un ano 2025 cargado de actividades culturais para todos os públicos. O pazo máis antigo de Galicia converterase nun epicentro cultural da Costa da Morte grazas a unha programación diversa e de calidade, presentada polo alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín.

O Concello de Zas, co apoio da Deputación da Coruña, destinará máis de 25.000 euros ao financiamento de actividades culturais e didácticas nas Torres do Allo, consolidando o seu compromiso con este monumento histórico.

A programación de 2025 comezará coa Semana Santa, na que o pazo ampliará o seu horario de apertura e ofrecerá visitas guiadas e un xogo de pistas para os máis pequenos. Ao longo do ano, os visitantes poderán gozar de:

 

 

 

Semana Santa (12-20 de abril):

  • Horario continuado de 11:00 a 20:00 horas.
  • Visitas guiadas diarias ás 13:00 e 17:00 horas.
  • Xogo de Pistas “O legado de Francisca, unha viaxe polo pazo”.

Xornada de Xogo Tradicional (31 de maio): Pola mañá, nos exteriores do pazo.

Exposición temporal “Riobóo, a saga do Allo” (inauguración en xuño)

Obradoiros temáticos:

  • Día da Terra (19 de abril).
  • Día das Letras Galegas (17 de maio).
  • Obradoiro de San Xoán (22 de xuño).
  • Obradoiros de nadal (20 e 21 de decembro).

Campamento “Zas no verán 2025” (xullo e agosto): Polas mañás durante o verán.

Música nas Torres (5 de xullo): Actuacións dos Monifates.

Visitas teatralizadas (domingos de xullo e agosto): Actuacións dos Quinquilláns.

Escape Room do Allo (xullo, agosto e setembro) 

Romaría de San Ramón (31 de agosto):

  • Mercado de Artesanía Tradicional pola mañá.
  • Actuación de Unto Vello na sesión vermú.
  • Comida campestre.
  • Concerto e obradoiro sonoro de Cé Orquestra Pantasma pola tarde.

Xornada sobre o Liño (setembro): Data por confirmar.

Samaín no Allo (26 de outubro):

  • Obradoiro para nenos e nenas.
  • Magosto.
  • Música tradicional.
  • Contos con Ángeles Goás: “Caldo con unto e osos de defunto”.

Presentación actividades 2025

Torres do Allo desvela unha programación cultural 2025 para todos os públicos