Sorry, this entry is only available in galego and Español. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

Achégase a Semana Santa e o pazo ampliará os seus horarios abrindo de maneira continuada entre os días 12 e 20 de abril en horario de 11 a 20h.
Todas aquelas persoas que desexen afondar un pouco máis na apaixonante historia das Torres terán a posibilidade de participar nunha das visitas guiadas
diarias que se farán ás 13h e ás 17h e os máis cativos contan coa opción do Xogo de Pistas “O legado de Francisca”. Ademáis estará dispoñible a
exposición, “As Torres tal como eran”.

“As Torres tal como eran. Últimas pegadas dunha vida fidalga” é un percorrido a través de 12 fotografías en grande formato (100 x 85 cm) colocadas nos
mesmos espazos onde foron realizadas para que os/as visitantes poidan apreciar como eran antigamente esas dependencias e os cambios experimentados a través do tempo.

O 19 de abril realizarase un obradoiro para celebrar o día do planeta no que poderán participar nenos e nenas de 5 a 10 anos de balde. Anunciarase máis detalles deste evento nas redes sociais das Torres do Allo nos próximos días.

 

Horario especial Semana Santa 2025