Sorry, this entry is only available in galego and Español. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

As Torres do Allo celebran o Día do Planeta dun xeito máxico e divertido. O vindeiro 19 de abril (sábado santo) ás 16:00 horas, os máis novos da casa, nenas e nenos de entre 5 e 10 anos, están convidados a participar no obradoiro gratuíto “Trasgos de Terra”.
Nesta creativa actividade, os participantes aprenderán a dar vida a simpáticos trasgos modelados con terra. Pero a maxia non remata aí! Cada trasgo cobrará vida vexetal ao plantar sementes que, con coidados e sol, se converterán nun orixinal cabelo verde. Ademais, os pequenos artistas decorarán vasos biodegradables que se converterán nas súas propias macetas personalizadas.

O obradoiro é gratuíto pero as prazas son limitadas, polo que é imprescindible inscribirse previamente facilitando o nome e apelidos do participante, a súa idade e un número de teléfono de contacto. As inscricións poden realizarse nos seguintes puntos:

● Centro SocioculturaL de Zas: 981 75 13 98
● Centro Sociocultural de Baio: 981 71 80 56
● Torres do Allo: 655 71 67 43 / info@torresdoallo.gal

Ademais desta especial actividade, as Torres do Allo manterán o seu horario ampliado de Semana Santa (de 11:00 a 20:00 horas) ata o domingo 20 de abril. Durante estes días, os visitantes poderán gozar de visitas guiadas ás 13:00 e ás 17:00 horas, e participar no divertido xogo de pistas familiar “O Legado de Francisca”, dispoñible en calquera momento dentro do horario de apertura do pazo.

Tosdas as actividades son gratuítas.

 

 

Os trasgos celebran o Día do Planeta nas Torres do Allo cun obradoiro infantil creativo