Sorry, this entry is only available in galego and Español. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

O próximo fin de semana as Torres do Allo contará con varias actividades.

O 17 de maio haberá o espectáculo de danza “Lea” creado por Fran Sieira coa
colaboración da Asociación Cultural Adro de Baio que se presentará a partir das 12:30
horas nas Torres do Allo (en caso de chuvia, pavillón municipal de Baio). Logo haberá
unha foliada aberta. Entrada de balde.

O 18 de Maio ás 16:00h as Torres do Allo celebra o día das letras galegas cun taller
artístico para os rapaces e rapazas de entre 4 e 10 anos. Nesta actividade gratuita os
participantes terán que representar nun lenzo detalles da cultura galega.

O obradoiro será gratuito e con prazas limitadas polo que será preciso inscribirse
facilitando datos como o nome e apellidos do participante, a idade e un número de
teléfono aos seguintes contactos: Centros Socioculturais de Zas ou Baio (981 751 398 /
981 718 056) ou no mesmo correo das Torresdo Allo (info@torresdoallo.gal).

Ademáis da actividade tamén se propocionan os servizos de visitas guiadas polo pazo ás
13:00h e ás 17:00h. Tamén estarán dispoñibles as exposicións de “As Torres tal como
eran” e “Terra de pazos” onde explicarán como foron as Torres do Allo antes da súa
restauración e información sobre todos os pazos e casas grandes de toda a Costa da
Morte.

 

Celebración do día das letras galegas e danzas nas Torres do Allo