Sorry, this entry is only available in galego and Español. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

O Concello de Zas continúa coa aposta polo seu Patrimonio Cultural na terceira edición das “Monografías do Allo”, que terá lugar o vindeiro 30 de novembro nas Torres do Allo a partir das 16:30. 

Baixo o título de “As Torres do Allo e o devir dos tempos. Forma, función, contexto” e da man de dous coñecidos convidados, o investigador Carlos José Galbán Malagón e o divulgador cultural Miguel Ángel Cajigal Vera El Barroquista, poremos o foco na historia, na función e na estética do pazo máis antigo de Galicia.

  • “Dous conceptos, un mesmo uso. As Torres do Allo no seu contexto (S. XIV-XVII)” será o título da intervención de Carlos J. Galbán, doutor en Historia pola Universitat de Barcelona, que analizará os conceptos de pazo e castelo coma dúas caras dun mesmo proceso de señorialización,  contextualizando o proceso constructivo das Torres do Allo, coma un edificio propio da nobreza e agrupado en torno á Casa de Moscoso.
  • “O barroco e o pasado: intervencións barrocas na arquitectura doutras épocas” será o relatorio de Miguel A. Cajigal, licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago e tamén coñecido polos seus perfís sociais de Twitter e Youtube como “El Barroquista”. A través de diversos exemplos, amosará que a ampliación levada a cabo no pazo máis antigo de Galicia no Barroco é unha mirada ao pasado común a outros procesos arquitectónicos desenvolvidos neste periodo artístico.

Unha actividade para non perder, orientada a toda a veciñanza. A entrada é libre e de balde. Agardámosvos!

EL BARROQUISTA E CARLOS J. GALBÁN CONVIDADOS ÁS “MONOGRAFÍAS DO ALLO”