Sorry, this entry is only available in galego and Español. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

Desde o 1 de abril as Torres do Allo  acollerán a exposición “Galicia con Exin Castillos“, organizada polo Concello de Zas e a Deputación da Coruña.
Exin Castillos, foi un xoguete moi popular na década de 1980 co que calquera neno e nena podía construír o seu propio castelo medieval ou mesmo un pobo do afastado oeste. En 2015, os membros da Asociación Exin Castillos & West, Fran Guerra, Santiago Franco, Luís Arias, David Salgado, Juan Amandi, Marcos Oliveira e Xurxo Barcala a recuperaron a súa afección e dedicáronse a recrear os monumentos máis recoñecidos da cultura galega cos mesmos xoguetes que usaban de cativos.
Na exposición Galicia con Exin Castillos poderemos atopar castelos como o de Pambre (Palas de Rei – Lugo) ou o de Sobroso (Mondariz – Pontevedra); pazos como o de Meirás (Sada – A Coruña), o faro de Fisterra ou a Torre de Hércules (A Coruña) e ata a catedral de Santiago entre outras moitas maquetas expostas por todo o pazo das Torres do Allo.

Tamén estará o “Castelo Fantasía”, unha enorme maqueta que Fran Guerra comezou a construír dende moi cativo e onde os máis pequenos e pequenas deberán atopar as figuras agochadas.
A mostra poderá visitarse todos os sábados, domingos e festivos en horario de apertura do Pazo, de 11:00 h a 19:00 h.

“Galicia con Exin Castillos” chega ás Torres.