Sorry, this entry is only available in galego and Español. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

Contos, obradoiro de Samaín, magosto e música nas Torres

O domingo 5 de novembro o pazo máis antigo de Galicia celebrará dúas das festas máis tradicionais do outono, o magosto e o samaín con actividades organizadas polo Concello de Zas coa colaboración da Deputación da Coruña.
Comezarase ás 16:00h da tarde cunha actividade para público familiar da man de María da Pontragha e o seu espectáculo “Non teñas medo á morte”, onde todas as persoas asistentes poderán morrer coa risa, chorar coa risa e tamén rir coa morte, a través dunha contada festiva e alegre na que non haberá tempo de laiarse nin choromicar.
Continuarase ás 17:00h. cun obradoiro especial de samaín titulado “escenas terroríficas”, para nenos e nenas de 4 a 12 anos no que poderán recrear as súas propias escenas de medo no pazo a través dun divertido xogo óptico. Para participar será preciso inscribirse previamente nos Centros Socioculturais de Zas ou Baio (981 751 398 / 981 718 056) ou no mesmo correo das Torresdo Allo (info@torresdoallo.gal). As prazas serán limitadas.
A partir das 18:00h da tarde celebrarase o tradicional magosto do Allo, acompañado de música a cargo dos Os Enxebres de Cabana e Gaiteiros e pandeireteiras de Churía. Haberá castañas gratuítas e cantina con bebidas para todas as persoas que se queiran achegar ata as Torres do Allo.
Todas as actividades son de balde e están orientadas para todos os públicos. 

 

Magosto e Samaín do Allo 2023