Sorry, this entry is only available in galego and Español. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

Coa chegada do entroido, o pazo máis antigo de Galicia encherase de vida.

No día 19 de Febreiro realizarase un obradoiro para os nenos e nenas de 4 a 12 anos ás 16:00 horas nas Torres do Allo, onde terán que deseñar as súas propias máscaras a partir de pratos para ir ben preparados para a festividade. Unha actividade de balde na que poderán combinar os seus disfraces con complementos orixinais creados por eles mesmos ademáis de introducírense ao mundo do diseño dos disfraces.

Para participar será preciso inscribirse previamente nos centros Centros Sociocultural de Zas ou Baio (981 751 398 / 981 718 056) ou no mesmo correo das Torres info@torresdoallo.gal. As prazas serán limitadas.

 

Obradoiro de Entroido 2023 nas Torres do Allo