O magosto e samaín regresan a Torres do Allo. Este ano 2022 retornan ás Torres do Allo dúas das festas máis tradicionais do outono, o magosto e o samaín con actividades organizadas polo Concello de Zas coa colaboración da Deputación da Coruña. O próximo sábado 29 de outubro comezarase celebrando o Samaín cun obradoiro especial de decoracións do samaín para nenos e nenas de 4 a 12 anos. Este taller realizarase ás 16:00 h pola tarde. Para participar será preciso inscribirse previamente nos centros Centros Sociocultural de Zas ou Baio (981 751 398 / 981 718 056) ou no mesmo correo das Torres info@torresdoallo.gal. As prazas serán limitadas.

 

A partir das 18:00h da tarde celebrarase o tradicional magosto do Allo, acompañado de música a cargo da Asociación Cultural Adro e da Asociación Baile Tradicional Churía. Haberá castañas para todas as persoas que se queiran achegar ata o pazo máis antigo de Galicia.

 

Para rematar a xornada, ás 20:30h, Brais das Hortas brindaranos coa súa actuación “Contos para caghar patatillas”, contos de pedras que se convertenen xigantes, un romance galego que canta a aposta de dous amigos nun cemiterio, un león e unha elefanta no medio da noite na sabana africana, unha nena que escoita por vez primeira a tormenta.

Todas as actividades son de balde e están orientadas para todos os públicos.

Volve o Magosto e o Samaín no pazo máis antigo de Galicia