Como cada verán o Concello de Zas e a Deputación da Coruña amplían o horario de atención ao público en Torres do Allo. Esta ampliación supón un importante incremento no seu horario de apertura; así, a partires do 15 do presente mes ata o 15 de setembro, o pazo máis antigo de Galiza abrirá todos os días da semana, isto é, de luns a domingo, en dous horarios:
-De luns a venres, 11:00-20:00;
-Sábados e domingos, 11:00-21:00.
Mantense o horario das visitas guiadas, que agora fanse tódolos días, ás 13:00 e ás
17:30.
Recoméndase facer reserva previa mandando un correo electrónico
info@torresdoallo.gal ou chamando ao número de teléfono 655716743.
Para grupos organizados a reserva é obrigatoria.
Ademáis do horario de verán, as Torres do Allo prepárase para celebrar a chegada do verán cunha xornada especial de San Xoán pensada para toda a familia. O vindeiro domingo, 22 de xuño, o pazo acollerá un obradoiro creativo e gratuíto para que os máis pequenos da casa poidan elaborar o seu propio amuleto para a noite das cachelas: un sol cheo de luz e personalidade. A partir das 16:00 horas, os nenos e nenas de 5 a 12 anos están convidados a participar neste taller, onde empregarán materiais sinxelos para dar forma a un sol único. Os raios estarán feitos coas pegadas das súas propias mans, convertendo cada creación nunha peza irrepetible que levará a súa pegada persoal, perfecta para decorar o fogar e atraer a boa sorte neste San Xoán. O obxectivo desta actividade é achegar aos máis pequenos ás nosas tradicións dunha forma lúdica e creativa, celebrando a chegada do solsticio de verán nun espazo tan emblemático coma as Torres do Allo”.
A participación no obradoiro é de balde, pero para garantir unha experiencia de calidade para todos os asistentes, as prazas son limitadas. É imprescindible realizar inscrición previa, facilitando o nome e apelidos do neno ou nena, a súa idade e un teléfono de contacto.
Inscricións:
● Centro Sociocultural de Zas: 981 75 13 98
● Centro Sociocultural de Baio: 981 71 80 56
● Torres do Allo (correo electrónico): info@torresdoallo.gal
Unha xornada completa en familia Ademais do obradoiro, as Torres do Allo ofrecen outras propostas para que a visita sexa unha experiencia memorable durante toda a xornada:
● Visitas guiadas: Para coñecer a fascinante historia do pazo, haberá percorridos guiados ás 13:00 e ás 17:30 horas.
● Xogo de pistas familiar “O Legado de Francisca”: Unha divertida aventura para desvelar os segredos que agocha o pazo, dispoñible en calquera momento dentro do horario de apertura.
Todas as actividades da xornada son de balde, convertendo as Torres do Allo no
destino perfecto para gozar en familia da maxia do San Xoán.

