Sorry, this entry is only available in galego and Español. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

Durante o verán as Torres do Allo recuperan o seu popular Escape Room, unha actividade deseñada polo Concello de Zas para coñecer a historia e segredos do pazo máis antigo de Galicia a través do xogo de escapismo “As Sombras do Tempo”.

Este ano o primeiro “Pazo Escape” do mundo volve ademais con temática siniestra e con probas renovadas para conseguir fuxir do pazo no menor tempo posible. O Escape Room poderá facerse de luns a sábado, ás 16:00 horas da tarde e entre o 4 de xullo e o 15 de setembro. O tempo asignado para resolver as probas e poder escapar do pazo estará estritamente limitado a 60 minutos.

“As Sombras do Tempo” é unha actividade gratuíta, orientada a público adulto e para participar será preciso facer unha reserva enviando un correo a info@torresdoallo.gal cos seguintes datos:

  • Nome da persoa que reserva.
  • Número de participantes (entre 2 e 5 persoas).
  • Teléfono de contacto.
  • Correo electrónico.
  • Día da reserva.

A reserva farase efectiva mediante envío dun correo de confirmación por parte da organización das Torres do Allo. Recoméndase traer roupa e calzado axeitado, e se chove paraugas, para moverse polos exteriores do pazo

 

 

Volve o xogo de escapismo máis esperado das Torres do Allo. “As Sombras do Tempo”