Na Semana Santa o pazo ampliará os seus horarios abrindo de maneira continuada entre os días 28 de marzo a 5 de abril en horario de 11:00h a 20:00h.
Todas aquelas persoas que desexen afondar un pouco máis na apaixonante historia das Torres terán a posibilidade de participar nunha das visitas guiadas
diarias que se farán ás 13:00h e ás 17:00h e os máis cativos contan coa opción do Xogo de Pistas “O legado de Francisca”. Ademáis estará dispoñible as exposición, “As Torres tal como eran” e “Os Riobóo, a sagado Allo”
“As Torres tal como eran. Últimas pegadas dunha vida fidalga” é un percorrido a través de 12 fotografías en grande formato (100 x 85 cm) colocadas nos mesmos espazos onde foron realizadas para que os/as visitantes poidan apreciar como eran antigamente esas dependencias e os cambios experimentados a través do tempo.
“Os Riobóo, a saga do Allo” é unha exposición perfecta para coñecer con profundidade a historia da familia que xestionaron o pazo máis antigo de Galicia durante 500 anos.
