O 15 de Febreiro ás 16:00h o histórico Pazo Torres do Allo prepárase para recibir o Entroido dun xeito orixinal e educativo.

O pazo máis antigo de Galicia acollerá un obradoiro de manualidades dirixido aos máis pequenos, organizado polo Concello de Zas coa colaboración da Deputación da Coruña.

Nesta edición, a temática do obradoiro une a tradición do Entroido coa ciencia e a historia dopazo. Os participantes elaborarán xoguetes inspirados na “Vipera berus seoanei”, unha homenaxe directa a Víctor López Seoane, quen foi inquilino das Torres do Allo e o naturalista máis sobranceiro da Galicia de finais do século XIX.

O obradoiro estará dividido en dúas fases.

1. Creación individual: Nenas e nenos fabricarán a súa propia víbora. Utilizaremos materiais simples como papel e cartolina para poder facer o corpo. Pintarémola e engadiremos detalles  para que cada víbora sexa única e para levar a casa ou usar como complemento dos seus disfraces. 

2. Creación colectiva: Os participantes axudarannos a realizar unha víbora de grandes dimensións que quedará exposta no pazo para decorar as estancias durante as festas.

 

Aínda que  a actividade é de balde, as prazas son limitadas.

As persoas interesadasde berán inscribirse previamente facilitando os datos do participante (nome, idade e contacto)a través das seguintes vías:

• Centros Socioculturais: Zas (981 751 398) ou Baio (981 718 056).

• Correo electrónico: info@torresdoallo.gal.

 

 

 

Achégase o Entroido ás Torres do Allo